Axenda

III Xornada Hidróxeno Verde en Galicia (H2GAL)

Círculo de Empresarios de Galicia Avda. de García Barbón 62. 36201 Vigo, Vigo, Pontevedra, Spain

O vindeiro 10/02 celebrarase en Vigo a III Xornada sobre hidróxeno verde en Galicia, oragnizada polo Clúster de Enerxías Renovábeis de Galicia (Cluergal) en colaboración coa Xunta de Galicia. As poñencias, impartidas por referentes del sector, celebraranse previamente ao evento Enerxéticos 2023, que reunirá en formato xantar, a unha gran parte do sector enerxético galego.

Enerxéticos 2023

Círculo de Empresarios de Galicia Avda. de García Barbón 62. 36201 Vigo, Vigo, Pontevedra, Spain

O próximo venres 10 de febreiro celebrarase en Vigo o evento ENERXÉTICOS 2023. Será na sede do Círculo de Empresarios de Galicia (Rúa García Barbón, 62, Vigo) a partir das 14:00, organizado polo Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal) e a revista de enxeñaría e enerxía Dínamo Técnica.

Hacking Nivel Mega

MEGA Mundo Estrella Galicia Calle De Jose Maria Rivera Corral, 6, 15008, A Coruna (A Coruña), A Coruña, A Coruña, España

A Cátedra R en Ciberseguridad, o ​Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, Armis, Gradiant, InprOTech, cloud.gal, 🌐 Forensic & Security e Qualinnova Consulting S.L., organizan a xornada “Hacking Nivel Mega”, un evento mix lúdico-formativo sobre ciberseguridade.

As tecnoloxías clave do 5G: Network Slicing e Edge Computing

Online

Presentaranse os principais paradigmas das redes móbiles de última xeración que permiten ás redes 5G brindar soporte a novos casos de uso con requisitos de taxa de latencia e confidencialidade moi estrictos. Un destes paradigmas é o network slicing, que permite a creación de múltiples redes lóxicas aisladas superpostas sobre a topoloxía física común dun operador. A explicación teórica desta […]

Foro Tecnolóxico de Emprego 2023

Escola de Enxeñaría Industrial UVigo Rúa Maxwell 9, Vigo, Pontevedra, Spain

O Foro Tecnolóxico de Emprego é unha iniciativa creada no ano 2001 polas delegacións de alumnado das Escolas de Enxeñaría de Telecomunicación, Industrial e Minas e Enerxía da Universidade de Vigo, que busca facilitar o achegamento laboral das empresas aos futuros titulados de corte técnico da Universidade. Durante o encontro, as empresas participantes poden ter […]

Xornada de Portas Abertas Teleco 2023

Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Uvigo Campus Lagoas-Marcosende, Vigo

A Xornada de Portas Abertas de Teleco celebrarase conxuntamente coa maioría das escolas de Teleco de España e coa participación de Javier Ventura, Enxeñeiro de Teleco e director da Oficina Científica de Navegación por Satélite da Axencia Espacial Europea. Ao comezo da sesión farase unha breve conexión con todos os centros para dar a benvida, nela Javier […]

XXII FranquiAtlántico & Emprendedor

Edificio Consorcio Zona Franca de Vigo Areal 46, Vigo, Pontevedra, España

FranquiAtlántico Salón de franquicias e outras oportunidades de negocio é un salón consolidado nunha cidade como Vigo, referente como poucas, dunha área metropolitana de gran peso e cunha clara vocación emprendedora. Un salón dirixido a emprendedores cunha clara vocación empresarial, que buscaban novas oportunidades de negocio.   INSCRICIÓN

CITIC Cyber Competition

Online

Xa está aquí a segunda edición da CITIC Cyber Competition, un evento onde se pode poñer en práctica as habilidades en ciberseguridad, en equipo, resolvendo retos e capturando a bandeira. Durante 4 horas, poranse a proba aos participantes para que amosen os seus coñecementos de seguridade informática.

6ª Edición do Concurso de Robots da Escola de Enxeñaría Industrial

Escola de Enxeñaría Industrial UVigo Rúa Maxwell 9, Vigo, Pontevedra, Spain

Tras uns anos de parón, a EEI da Universidade de Vigo convoca a 6ª edición da Competición de Robots. O prazo para realizar a inscrición na competición está comprendido entre o martes 10 de xaneiro e luns 30 de xaneiro de 2023 (14:00 horas), no enlace: Inscrición 6ª competición robots. O pago das tasas realizarase […]

Encontro INSPIRO

Expourense Finca Sevilla, 32005 Ourense, España, Ourense, Pontevedra, España

O 11 de maio celebrarase o Encontro #INSPIRO no #Expourense, onde terá lugar un concurso de proxectos emprendedores, co fin de vincular o mundo empresarial coa formación universitaria. Máis información e inscricións en: https://inspiro.es

 I Xornadas de Open Science

Edificio Consorcio Zona Franca de Vigo Areal 46, Vigo, Pontevedra, España

A Universidade de Vigo acolle a celebración das I Xornadas de Ciencia Aberta (Open Science) os días 1 e 2 de Xuño de 2023. As xornadas desenvolveranse ao longo de dous días. O xoves día 1, realizarase a inauguración das xornadas, así como unha mesa redonda e finalizarase o día cuns obradoiros das universidades. O […]

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.