Axenda

Conectados 5G

Auditorio Mar de Vigo Avda. Beiramar 59, Vigo, Pontevedra, España

O vindeiro luns 19 de decembro de 2022, o Observatorio Nacional 5G (iniciativa da fundación Mobile World Capital), en colaboración co Concello de Vigo, organiza a xornada Conectados 5G, unha cita onde profesionais do sector abordarán os principais retos e oportunidades da tecnoloxía 5G para Vigo. Un evento onde repensar, debatir, analizar e buscar oportunidades para […]

Obradoiros de Valorización e Comercialización de Resultados de Investigación

Cintecx Campus Universitario Lagoas-Marcosende, Vigo, Pontevedra, España

Inclúen obradoiros eminentemente prácticos para investigadores que buscan a aplicación de metodoloxías de desenvolvemento de negocio para a posta no mercado de capacidades e resultados de investigación xurdidos en contornos universitarios; así como obradoiros para o coñecemento dos aspectos máis fundamentais sobre a creación de empresas en contornos universitarios.

5G COMO IMPULSO DA ECONOMÍA DIXITAL

Online

Primeira sesión dun conxunto de actividades relacionadas co 5G impulsadas polo nodo 5g, o obxectivo desta sesión é establecer as bases para un coñecemento mínimo de cara as seguintes sesións nas que se mostrarán conceptos e prácticas coa rede  5G.

III Summer Undergraduate Fellowship Program

Online

A Fundación Barrié convoca a III edición do Summer Undergraduate Fellowship Program, un programa internacional de estancias de investigación durante os meses de verán, dirixido a estudantes universitarios galegoas da área de ciencias da vida. O prazo para presentar as solicitudes finaliza o 30 de xaneiro.

Presentación do Portal da Investigación da Universidade de Vigo

Edificio Miralles UVigo Campus Lagoas-Marcosende, Vigo, Pontevedra, España

A sala 1 do edificio Miralles acolle a presentación á comunidade universitaria do Portal da Investigación da Universidade de Vigo, que reúne a produción científica xerada polo persoal docente e investigador da UVigo e xurde co obxectivo de difundir, dar visibilidade e transferir á sociedade os resultados das actividades de I+D+i.

CURSO FORMACIÓN EXCEL MEDIO

Cintecx Campus Universitario Lagoas-Marcosende, Vigo, Pontevedra, España

Curso de Excel para persoal investigador.

Curso: Experto en Tecnoloxías Cuánticas da Información

Online

Este curso, que se certificará co título de experto en Tecnoloxías cuánticas da información, introducirá ao alumnado nestas novas tecnoloxías que serán imprescindibles nos próximos anos para poder así dar resposta á demanda empresarial que require de profesionais competentes en tecnoloxías cuánticas en Galicia, agora que a comunidade busca converterse nun referente europeo e internacional […]

I Encontro da Rede Transfronteiriza de Biomasa

Pazo da Oliva Rúa de la oliva, 2, 36202 Vigo, Pontevedra, Vigo, Pontevedra, España

O próximo 1 de febreiro celebrarase o 1º Encontro da Rede Transfronteiriza de Biomasa no Pazo da Oliva en Vigo a partir das 09:30 h, no que se presentarán as actividades do proxecto Biomasa CAP. Ofrecerase un espazo para que os membros da Rede expoñan algunha iniciativa na que estan involucrados. Ademais, se dará paso […]

Curso Intelixencia Artificial con Deep Learning

Online

Unha introdución práctica ao Deep Learning, onde, ademais das técnicas de preparación da información, se presentan os compoñentes fundamentais dunha rede neuronal e os procesos de deseño e adestramento da rede.

Tecnolóxicas Week

Deputación de Pontevedra Avda. Montero Ríos, s/n, 36071, Pontevedra, Pontevedra, Pontevedra

Mesa Coloquio con Mulleres Tecnólogas. Será o próximo venres e consistirá nun encontro empresarial con mulleres de referencia no sector. Amparo Alonso, Lorena Rosende, Marta Judith Fernández Docampo e Iciar Balza Echeita analizarán os retos de tecnoloxías disruptivas como a #IntelixenciaArtificial, á vez que porán o foco en como conseguir unha maior presenza de mulleres en postos técnico-tecnolóxicos.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.