Mesa Coloquio con Mulleres Tecnólogas. Será o próximo venres e consistirá nun encontro empresarial con mulleres de referencia no sector.
Amparo Alonso, Lorena Rosende, Marta Judith Fernández Docampo e Iciar Balza Echeita analizarán os retos de tecnoloxías disruptivas como a #IntelixenciaArtificial, á vez que porán o foco en como conseguir unha maior presenza de mulleres en postos técnico-tecnolóxicos.