Elas Fan TIC na EET para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena nas TICs

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Elas Fan TIC na EET para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena nas TICs

Febreiro 21 - 9:30 a.m. | 1:30 p.m.

Xornada Elas Fan TIC en Teleco

Para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena nas TICs, a Escola de enxeñaría de Telecomunicación organiza a Xornada ‘Elas Fan TIC’ o vindeiro venres 21 de febreiro de 2025. O obxectivo é darlle visibilidade ás carreiras tecnolóxicas e de enxeñaría para que o estudantado máis novo as poida valorar como unha opción de futuro.

A xornada, na que van participar 60 rapazas e rapaces dos colexios Javier Sensat e San Xosé da Guía, consistirá nun obradoiro de programación e robótica dirixido por alumnas da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, e terá o seguinte programa:

De 09:30 a 09:45: Benvida (nas bancadas da Escola)
De 09:45 a 11:20: Primeiro taller: un grupo irá ao taller de CuteBot (laboratorio ) e outro ao de Códigos (Sala de Xuntas)
De 11:20 a 11:40: Descanso (xantar nas bancadas)
De 11:40 a 13:10: Segundo taller: os grupos intercambian talleres
De 13:10 a 13:30: Charla participativa na Sala de Xuntas xunto coa despedida

Esta xornada está patrocinada pola Cátedra Indra-UVigo en enxeñaría e tecnoloxía.

Detalles

Data:
Febreiro 21
Hora:
9:30 a.m. | 1:30 p.m.
Categoría do Evento:
Evento Etiquetas:
,
Páxina web:
https://teleco.uvigo.es/evento/elas-fan-tic-na-eet-para-conmemorar-o-dia-internacional-da-muller-e-a-nena-nas-tics-2/

Protagonista

Escuela de Ingeniería de Telecomunicación UVigo
Ver a páxina web do Protagonista

Recinto

Escuela de Ingeniería de Telecomunicación UVigo
Campus Lagoas-Marcosende
Vigo, 36310 España
+ Google Map
Ver a Páxina Web do Recinto
This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.