Charla EET “¿Teño claro que mención quero seguir?”

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Charla EET “¿Teño claro que mención quero seguir?”

Febreiro 12 - 1:00 p.m. | 3:00 p.m.

Charla Teleco ¿Teño claro que mención quero seguir?

Nesta sesión informativa poderás informarte das 4 mencións dispoñibles para estudar no noso grao. Esta charla está orientada específicamente a estudantes de segundo curso, pero tamén poden asistir estudantes de primeiro curso con interese nela.
Ademais da coordinadora do grao, asistirán docentes de cada mención que comentarán brevemente os aspectos que poidan ser do voso interese e, sobre todo, quedarán a vosa disposición para contestar calquera pregunta que teñades.

Anímate a vir e resolver todas as túas dúbidas!

Data: 12 de febreiro de 2025, 13:00
Lugar: Aula T216 da EET

Destinatarios: estudantes de primeiro e segundo do grao

É necesaria a inscrición na materia orientaTE de Moovi, ata o día 11 de febreiro.

As persoas asistentes á charla recibirán unha certificación dunha hora se son estudantes de primeiro ou segundo curso de grao.

Detalles

Data:
Febreiro 12
Hora:
1:00 p.m. | 3:00 p.m.
Categoría do Evento:
Páxina web:
https://teleco.uvigo.es/evento/charla-teno-claro-que-mencion-quero-seguir/

Protagonista

Escola de Enxeñaría de Telecomunicación UVigo
Ver a páxina web do Protagonista

Recinto

Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Uvigo
Campus Lagoas-Marcosende
Vigo, 36210
+ Google Map
Ver a Páxina Web do Recinto
This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.