Presentaranse os principais paradigmas das redes móbiles de última xeración que permiten ás redes 5G brindar soporte a novos casos de uso con requisitos de taxa de latencia e confidencialidade moi estrictos.
Un destes paradigmas é o network slicing, que permite a creación de múltiples redes lóxicas aisladas superpostas sobre a topoloxía física común dun operador. A explicación teórica desta tecnoloxía complementarase cunha demostración práctica na que se mostrará cómo funciona e cómo pode afectar o rendemento dos casos de uso na rede.
Do mesmo xeito, estudarase o paradigma do edge computing analizando as principais arquitecturas e discutindo as últimas tendencias. Ademais, levarase a cabo unha demostración práctica de cómo se empregan as tecnloxías do edge computing en escenarios de vixilancia de entornos protexidos, utilizando un exemplo dun dron autónomo 5G que emprega técnicas de intelixencia artificial para detectar intrusións automáticas.
Imparten David Candal Ventureira Rubén Pérez Vaz e Alberto Estévez Caldas de atlanTTic Research Center