A Xornada de Portas Abertas de Teleco celebrarase conxuntamente coa maioría das escolas de Teleco de España e coa participación de Javier Ventura, Enxeñeiro de Teleco e director da Oficina Científica de Navegación por Satélite da Axencia Espacial Europea. Ao comezo da sesión farase unha breve conexión con todos os centros para dar a benvida, nela Javier contará as súas experiencias.
Un equipo de docentes e investigadores/as da Escola amosarán a potencialidade das tecnoloxías de telecomunicación en: Laboratorio de 5G, cámaras anecoicas, laboratorio de fotónica para comunicacións ópticas e cuánticas, experiencia con drons; ademáis de dar a coñecer a ampla experiencia en satélites da Escola.